As partes das plantas

    Estamos traballando as partes das plantas. Cada un de nós trouxo unha flor á escola e, entón, puidemos observar distintas flores, os seus sépalos e pétalos; o talo; as follas... Duna trouxo unha planta, un kalanchoe. Agora o temos na clase e temos que coidalo moi ben. Xa o temos preto da fiestra para que lle entre luz e, ademais, cada semana haberá que botarlle un pouco de auga.



Ningún comentario:

Publicar un comentario