Atopa a resposta

A semana pasada participamos no concurso Atopa a resposta. É un concurso que se propón na biblioteca do cole todos os meses.
Esta vez tivemos que buscar dous papaventos no libro ¿Y si vivieras en...? .
Convertémonos, pois, en detectives e comezamos a buscar no deserto, na montaña, na sabana, na praia, nos arrozais, na selva... ata dar con eles.
Logo escribimos a resposta, esperemos que sexa a correcta...

Ningún comentario:

Publicar un comentario