O coelliño de Pascua

      Á volta das vacacións de Pascua tivemos moitas sorpresas. A profe Ana estaba de novo no cole, despois de estar varios meses sen vir porque tivo un bebé. Ademais, Tris Tras viaxara a Estados Unidos de vacacións. Alí coñeceu ao coelliño de Pascua, fixéronse amigos e o coelliño regaloulle algo para nós. Pero, como bo trasno, Tris Tras agochou o regalo. Para atopalo tivemos que facer tres grupos e seguir tres pistas diferentes. Menos mal que sabemos ler... Despois de ir buscando pistas polo cole, fomos atopando as tres pezas dun ovo de Pascua que nos levou á pista definitiva...

Ningún comentario:

Publicar un comentario