Cantas sorpresas!

A verdade é que aínda só levamos un mesiño de andaina na escola e xa tivemos moitas experiencias.
Coñecemos aos padriños lectores, apareceu unha carta do ratiño Pérez e ata un "paxariño" voando na asamblea. Fabuloso!

 O ratiño enviounos unha carta e ata deixou unha portiña, a porta dos ratos, unha porta aberta á imaxinación. Unha porta en forma de círculo azul que nos fará soñar. Pero o mellor foron as moedas de chocolate que había na súa maletiña. 

E agora temos un paxariño que nos está a observar na asamblea. Menos mal que imos facer un espantallo e verán os paxariños...


Ningún comentario:

Publicar un comentario