Cociñamos mouchos

Hoxe convertémonos nuns cociñeiros de primeira. Creamos mouchiños con pan de molde. 

En primeiro lugar, untamos o pan con crema de cacao empregando un coitelo de plástico. Despois abrimos dúas galletas de cacao recheas de crema. Utilizamos a parte de crema como ollos e con lacasitos puxemos as pupilas. Outro lacasito fixo as veces de nariz e, finalmente, con outra galleta fixemos as orellas. 

Manipulamos alimentos e instrumentos de cociña, traballamos na aula de cociña en orde e con limpeza, desenrolamos a nosa imaxinación e creatividade cunha temática terrorífica, estimulamos a linguaxe e, ademais, estamos a afianzar o noso esquema corporal traballando as partes da cara. Pero o mellor é que o pasamos en grande aprendendo.
Asemade, cantamos cancións de Samaín: la brujita Tapita y la canción del vampiro.
"Era de noche, había un castillo, se abrió la puerta y salió un vampiro. Cogió un cuchillo y.... unta mantequilla, unta mantequilla". Só que nós untamos crema de cacao.
Hoxe foi un día estupendo, ata nos maquillamos.

Aí vos deixo a canción con pictogramas realizada por Sergio Palao.



Ningún comentario:

Publicar un comentario