Os nosos padriños son uns soles


Ademais de estar estampando con témpera e vexetais, hoxe tamén estivemos pegando froitos de outono nunhas cestiñas que pintaramos con esponxa. 

Como aínda non recortamos ben, viñeron os nosos padriños a axudarnos. Eles recortaron as froitas que logo nós pegamos nas cestas coa súa axuda. Foi todo un traballo de colaboración en equipo. En algunha ocasión ata nos explicaron como se pintaba.  Moitas grazas aos nosos padriños, sodes uns AMORES!


Ningún comentario:

Publicar un comentario