Padriños lectores

Sorpresa!! Hoxe coñecemos aos nosos padriños lectores.

Resulta que algunhas aulas de Educación Primaria convírtense en padriños doutras aulas de Primaria e Infantil. Os padriños lectores veñen  visitarnos, cóntannos contos, traballan connosco, ensínannos cousiñas, comparten experiencias... Neste caso, os nosos padriños son os nenos/as da aula de 3º de Primaria e viñeron hoxe a presentarse.

Trouxéronnos uns mini libros, feitos por eles, chulísimos e, ademais, unha nube doce, doce. Nós estabamos un pouco sorprendidos, tímidos... Son os maiores!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario