Xa estamos os ratiños a pleno rendemento!

Ola a todos/as

Somos os RATIÑOS  de 3 anos e, tras  un período de adaptación, xa estamos aquí para contarvos todas as cousiñas que estivemos facendo e que imos facer.

Hoxe saiu para ás familias a MOCHILA VIAXEIRA. Daniela Vila é a primeira en deleitarse co seu contido, esperemos que lle guste moito.

 Pola mañá, estivemos vendo que lle pasou ás uvas que deixamos pisadas, e máis que pisadas, o venres. Vaia VENDIMA máis chula fixemos... Descubrimos que saiu viño unha vez que o separamos do bagazo. Que interesante! Agora imos ver se conseguimos facer vinagre.

E, ademais, trouxemos moitos produtos da horta para facer un taller de emocións, sentimentos e expresión artística. Que divertido!

Ningún comentario:

Publicar un comentario