O millo

O venres 14 fixemos un taller de cociña. As profes fritiron patacas, cabaza, calabacín e cenoria. Ademais, trouxeron millo doce. Nós tivemos que adiviñar de que hortaliza se trataba observando un trozo da mesma e logo puidemos probar anaquiños para averiguar que era cada unha das cousiñas que estaba nos pratos. A raíz diso, fixemos tortitas ao gusto coas hortalizas. Estaban  boas; a cabaza, espectacular.Pero o que foi un éxito foi o millo doce.Tanto que empezamos a traer ESPIGAS DE MILLO á escola á semana seguinte.

Unha delas tiña aínda o FOLLATO e as BARBELAS. Canto imos a aprender! Ata DEBULLAMOS...

E cos CAROZOS intentamos facer castelos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario