Plantamos coles como soles

O xoves, aproveitando uns raios de sol, aventurámonos no noso horto a plantar as coles. Pasámolo moi ben, acabamos esgotados e coas mans cheas de terra.
Un dos nenos díxome: "profe, xa plantei a col".
- "Si, que ben!, a ver, onde está?- preguntei.
- Aquí, debaixo da terra.
(Creo que esa col non chegará moi lonxe...)
Outro dos nenos comentoume:
- Profe, se me caeu esto- dicía, mentras suxeitaba tres follas da col e parte do talo. (Creo que esa tampouco vai crecer moito...)
Foi unha experiencia moi divertida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario