Polo Samaín....moitas cabazas e cestas eu vin

Durante a semana do 31 de outubro, todo foron emocións. Creamos antifaces, morcegos, cociñamos mouchos, observamos as nosas cestas de outono e vimos as terroríficas cabazas. 

Subimos todas as nosas cestas o aula e estivemos vendo que produtos de outono había nelas: piñas, folliñas, mazás, mandarinas, laranxas, landras, ourizos, castañas, etc. Ademais, descubrimos froitas novas: a feixoa, a granada e o caqui. As dúas primeiras probámolas e todo. Logo volvémolas baixar á exposición que percorría todos os corredores da planta baixa da escola. Preciosas, verdade?


Ningún comentario:

Publicar un comentario