Un trimestre moi intenso

Ola a todos,
Levamos un trimestre tan intenso que teño un montón de cousiñas que contar. Desde que comezou o ano, metemonos de cheo no proxecto sobre o millo. Xa cociñamos ratiños, pan, pizza, fixemos caras en tortiñas de millo, degustamos millo doce e cereais. Recompilamos un cheo de información que nos foron mandando os papis e mamis ao cole. Celebramos o día da paz cunha xincana solidaria para recoller alimentos para as familias máis desfavorecidas que reparte o concello de Gondomar, realizamos un marcapáxinas cunha pomba branca preciosa para os nosos padriños e madriñas lectores e, en Entroido, disfrazámonos de ratiños. Estabamos guapísimos!!!
Fixemos a nosa primeira excursión ao teatro, pasámolo xenial e encantounos o espectáculo de Titiritrapo.
E... que hai do horto?? Desde que empezou o curso plantamos framboeseiros, coles, fixemos sementeiros de perexil e plantamos millo.Si, si, millo. Así que hoxe, sen ir máis lonxe, fomos ao horto a transplantalo e, de paso, enterramos máis grans, a ver que pasa. Ademais, fixemos un pebideiro de porros. E se por iso non fose pouco, onte reutilizamos botes de iogur para plantar sementes de xirasol que trouxo Lois a clase. A verdade é que hai que agradecer as familias todo o que nos están ensinando, é fantástico todo o que descubrimos. Graciñas
Deixovos un link na fotografía ao blogue de Voz Natura do cole para que leades a entrada da nosa andaina polo horto.
http://onosohorto.blogspot.com.es/2015/02/transplantando-millo-e-sementando.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario