Naceron Lolita e Pepe!!!

Onte pola noite, ás 22.00 h, por fin, empezaron a escachar os nosos ovos.Naceu Lolita, unha pequena codorniz. Hoxe pola mañá xa nacera Pepe, un poliño de galiña, como o Polo Pepe do conto. E, agora, temos outros dous ovos cunhas pequenas cabeciñas asomando, un de codorniz e outro de galiña.

Levaban na incubadora desde o martes 3 de marzo. Introducimos na incubadora ovos de kika, de galiña, de galiña francesa (son ovos brancos) e 4 ovos de codorniz. Descubrimos que había ovos de diferentes tamaños e, incluso, de distintas cores.
A mestra levou a incubadora para a súa casa porque hai que darlles volta aos ovos pola mañá e pola noite. Os ovos de galiña e kika hai que voltealos durante 18 días e os de codorniz durante 14, polo que os de codorniz os introducimos uns días máis tarde.
Os ovos de galiña tardan entre 20 e 21 días en saír. Os ovos de codorniz, entre 16 e 17 aproximadamente.




2 comentarios:

  1. Que ben o polo Pepe xa chegou!!
    Canto aprenden os pequenos con esta inciativa!!
    Moitas grazas profe

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por invitarnos a coñecer estes pitiños tan fermosos
    Os nenos e nenas da clase de 4 anos

    ResponderEliminar