O millo provén de América

Carabela, Escultura, Rota, CádizInvestigando, investigando, descubrimos que o millo vén de América, que o trouxeron nunha carabela. Estivemos coloreando unha para o mural que estamos realizando sobre o millo e, na nosa investigación, chegamos aos escudos de armas da época medieval. Na casa os nenos/as buscaron cos seus pais/nais o escudo dos seus apelidos e hoxe luns estiveron amosando os seus achados.
Este fin de semana celébrase  a Arribada en Baiona, un bo plan se vos apetece volver á época medieval. Clica na icona e enlazas coa páxina do concello de Baiona onde ven o programa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario