Trece máis en clase

     Xa naceron trece pitiños, pero dous aínda están na incubadora.
   Despois de escachar o ovo, estiveron un día na incubadora para secar ben a plumaxe. Logo puxémolos nunha caixiña de cartón cun portalámpadas e, claro está, con comida e auga. 
   Coa auga tivemos un pequeno incidente... Resulta que puxemos unhas tapiñas de plástico cheas de auga (por se tiñan moita sede) e cando volvimos do recreo as codornices estaban molladiñas de arriba a abaixo (deberon estar nadando...). Tivemos que volver a metelas na incubadora para que secasen ben. A raíz disto, contounos a mamá de Lucía R. que tiñamos que poñer unha pedra no medio para que non se introducisen dentro.
   Ao día seguinte, Lucía R. trouxonos un bebedeiro estupendo que nos solucionou o problema, que ben! As únicas tristes eran as codornices que non puideron volver bañarse na auga quentiña...

1 comentario:

  1. Que ben!!! Xa naceron moitos mais.
    Gabi desfruta vendo o video, e papa e mama tamen!

    ResponderEliminar