XUDÍAS E PATACAS

"Traballando na horta"

As nenas e nenos de 4 anos estamos a facer tarefas de agricultores. Fomos á horta e plantamos xudías e patacas. 
Estivemos asesorados polos nosos padriños, os alumnos de 4º de primaria. Eles axudáronnos a plantar as xudías, a protexelas cunha botella de plástico, a poñerlle canas para que se suxeiten e a sementar patacas.
    Que divertido!     As xudías abrazaranse ás canas?

Como nos gusta traballar na horta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario